O PROXECTO BUSERANA

Esta primeira páxina é a sección de novas, nas que imos colgando cousas que teñen que ver co contido do blog. O resto das páxinas son máis fixas , ainda que se vai engadindo información e abordan diferentes aspectos do noso patrimobio inmaterial.

Aínda que levamos tempo sen colgar novas entradas na sección de inicio do noso blog, o Proxecto Buserana segue actualizando e engadindo contidos das súas páxinas , e segue  a ser unha fonte de información e inspiración sobre o noso patrimonio inmaterial , con todas as súas seccións nas que podedes navegar pinchando nos nomes de cada unha debaixo da fotografía de inicio.

Convidámosvos a navegar polo mar e terra muxián e polo patrimonio inmaterial que nasce da interación do territorio cos  homes e mulleres que o habitan . Isto é a mesma Costa da Morte.

COPLAS PARA O RECORDO

coplas entroidocoplas entroido2

Chega o Entroido e dende o Poxecto Biserana reflexionamos sobre as tradicións que se van perdendo, e a necesidade de recuperalas, para que non perdamos con elas a nosa esencia.

Antigamente o Entroido en Muxía tiña moita sona e facíanse comparsas, coplas, e ata se organizaban bailes nas palilladas.

As coplas que vos traemos hoxe poden ser dos anos 60, máis ou menos, e están doadas ao noso proxecto por Carmen Mouzo. O noso agradecemento a Carmen.

OS ROMEIROS MÁIS FIEIS

Viki Rivadulla restaurando os cabezudos

Viki Rivadulla restaurando os cabezudos

Chega a Romaría da Barca, e centos de romeiros e romeiras acheganse polas estradas e camiños ata Muxía.

Pero hai uns romeiros que ano tras ano pasan as festas con nós dende hai muito, muito tempo. Este ano corrían serio perigo de non poder vir , pero ao fin vannos acompañar.

Estamos a falar dos nosos queridos cabezudos, unha tradición que dende moi antigo está presente na nosa romaría. Os cabezudos levaban anos troulando pola Barca e estaban moi deteriorados, pero Viki Rivadulla e Estrella Paz restauráronos en tempo record, para que non faltaran este ano polas nosas rúas.

Estrella Paz, restaurando os cabezudos

Estrella Paz, restaurando os cabezudos

Así estaban os pobres:

DSC_0305DSC_0307DSC_0306DSC_0312DSC_0310

 

E así quedaron ;

DSC_0361 DSC_0360 DSC_0334 DSC_0380 DSC_0335

DSC_0384 DSC_0382

Agora haberá que reforzalos un pouco durante o inverno e gardalos ben para que poidan troulear outros cantos anos.

img199

PAZOS DE MEREXO: PREMIO MARÍA AMELIA 2015

No Proxecto Buserana estamos moi contentos. Todos os muxiáns e a xente que amamos a música estamos contentos. Porque un home bo e xeneroso foi recoñecido no seu municipio : O Concello de Muxía concedeu o Premio María Amelia 2015 a José Manuel Pazos, “Pazos de Merexo”

Pazos de Merexo na entrega do Premiop María Amelia. Foto de Angel Manuel Castro

Pazos de Merexo na entrega do Premiop María Amelia. Foto de Angel Manuel Castro

“Polo seu traballo a prol da música tradicional galega, gardando e transmitindo ás xeracións valores como o amor á música e ás  nosas tradicións,levando con dignidade o nome de Merexo xunto ao seu propio e constituindo el mesmo un tesouro vivo que enriquece coa súa arte o patrimonio inmaterial de Galicia e especialmente da Costa da Morte”, así consta no texto do diploma que o Alcalde Félix Porto   entregou a Pazos, xunto coa estatuilla do Premio

Pero a cousa non queda aí. Temos que celebrar, ademais un acontecemento importantísimo para a música galega, e especialmente para Muxía, como é a edición do libro-cd “Pazos de Merexo. O acordeón diatónico da Costa da Morte” , dos autores Xurxo Souto e Pedro Pascual ,  e que constitúe unha cuidada e rigurosa monografía que publica o Concello de Muxía e a colección Chave Mestra, ( dirixida por Ramón Pinheiro Almuinha) a iniciativa de aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular, acompañada dun Cd sobre Pazos de Merexo, o decano e principal referente desta modalidade de acordeón para as novas xeracións .

O acto de presentación do libro e entrega do Premio María Amelia tivo lugar este domingo, 12 de abril de 2015 e foi un acto moi emotivo e entrañábel do que disfrutamos moitos veciños e veciñas e tamén quen quixo achegarse dende diferentes lugares de Galicia.

capa do libro

capa do libro

PAZOS DE MEREXO, O ACORDEÓN DIATÓNICO DA COSTA DA MORTE recolle os periplos vitais e as obras do repertorio de Pazos do Merexo, o último maestro do acordeón diatónico de Galiza. O libro conta con abundante documentación gráfica, e unha cuidada presentación, e se presenta ademais cun Cd no que podemos escoitar en versión orixinal unha selección de gravación inéditas de Pazos do Merexo realizadas no últimos vinte anos polos investigadores Olga Kirk e Pablo Díaz. Ademais inclue unha selección das aparicións de Pazos de Merexo en programas de TVG como Alalá –no que aparece acompañado polo acodeonista Brais Maceiras- ou Luar. Tamén a súa recente colaboración con Kepa Junkera recollida no doble disco Galiza con o que o vasco homenaxeou a música galega.

Xurxo Souto e Pedro Pascual, os dous autores do libro, son profundos coñecedores da dimensión musical de Pazos e do que supón no contexto da Música Popular Galega como un referente único e inescusábel para as novas xeración de músicos e afeizoados. Ambos teñen compartido inúmeras horas con Pazos tanto en Merexo como en distintos pontos de Galiza e teñen sido destacados divulgadores entre músicos e público tanto da sua figura como do seu repertório e técnica interpretativa.

ANIVERSARIO

Cando cumprimos un ano do temporal que desprazou e rachou a Pedra de Abalar, poucos días despois do incendio no Santuario da Barca, convidámosvos a escoitar esta beleza de Alalá de Muxía,na voz marabillosa de Uxía.

 

AÍ VEN A BARCAAAA !

img136Aí ven a Barca! o momento en que os reloxos se paran e Muxía vive noutra dimensión. Logo virá o quedar soíños e afrontar o inverno.

Pero agora é tempo de festa, de familia, de preparar casas e comilladas- safarrancho de combate ! -, de non durmir, de esperar aos fillos ata as tantas, de arresender a pan de ghuevo ,a braso de ghitano, e biscochón…facer o cabrito, a ensaladilla, os callos, a empanada… poñerse ghuapos o luns da Barca, rebentarche o peito coa traca ,comer o pulpo e ir ver os romeiros, abalar a pedra e bailar ata rachar os tacóns, mirar na ventá e ver as hortas cheas de xente que ven  vivir a festa ( e canto humor teñen! familias enteiras trasfegando mesas, cadeiras, comidas….que non se resignan a deixar perder a romaría, porque é súa).

Pedir para o ano que empeza e propoñerse cousas e proxectos para despois da Barca…

A Barca é muito. Aínda que nos últimos tempos ande un pouco descarriada e case non a recoñezamos. Pero é a Barca.

E nun lugar coma este Proxecto Buserana non podemos deixar de reivindicar unha recuperación da nosa Romaría. Porque os elementos que definen a nosa identidade non podemos deixalos perder.

Muxiáns, non deixedes perder a nosa festa, hai que recuperala, porque é nosa e porque é de todos os que veñen disfrutala. E o primeiro que hai que facer é non renderse, saír á rúa a disfrutala para non dala sen pelexar por ela. Coma estas familias que veñen ano tras ano con tódolos cachivaches para instalarse no campo, e non deixan de vir por muito que cambiara a festa; porque a deles non cambiou, a festa que viven eles é a mesma, porque é a que fan eles mesmos, e fana coma eles queren.

Dende o Proxecto Buserana chamamos ás autoridades, comisión de festa, e tódalas persoas que queren a Muxía para que non deixemos estragar a festa, hai que recuperar a romaría, conservar o que fui e sigue sendo, porque baixo toda a voráxine que é a festa , a romaría sigue aí existindo en algún lugar dos múltiples que ten a Barca. A Romaría resístese a desaparecer , hai que botarlle unha man e non deixar que a afoguen.

Deixámosvos esta foto de Rivadulla Porta, unha foto de mozos de Muxía – e un par deles de fóra-  vestidos de cabezudos, unha das tradicións máis bonitas da festa para que soñedes coa Barca que vos gustaría que fora , ou coa que fui , ou coa que é… Pero non deixemos de soñar e querer á Barca.