(Rogaríamos que non se fixera uso público de estas imaxes fora do contexto para o que foron cedidas, xa que son imaxes que gardaban nas súas casas, e con grande estima , as familias muxiás)

A INFANCIA 

Escola das Casas Novas,

homilde escola aldeana

de mesas d-enxebre pino

por cen tintas borranchadas,

donde, felices, pasaron

mil horas da miña infancia

sedenta de sabedencia,

con inquedades románticas…

Xervasio Paz Lestón ( poeta de Serantes- Muxía)

Outubro 1965. Escola da Camposa. Foto cedida por Xusto Benlloch Diz

Xusto e Pancho, 2 de xuño de 1967. Foto cedida por Xusto Benlloch Diz

Ecola de Muxía .Foto cedida por Justo Benlloch Diz (probablemente, anos 60)

foto cedida por Justo Benlloch Diz. Probablemente anos 60

Mestre cos alumnos ano 1.950.Foto cedida por José Manuel Mouzo Grille.

O poeta X. H. Rivadulla Corcón, de neno, co seu avó Manuel Conde ( Manuel do Casino)Autor da fotografía: José Enrique Rivadulla Porta.Foto cedida pola familia Rivadulla Conde.

Os nenos e nenas de Muxía xogando na ribeira. Autor da fotografía: José Enrique Rivadulla Porta. Foto cedida pola familia Rivadulla Conde. Antes de construir o actual paseo marítimo, as casas da ribeira de Muxía estaban prácticamente na praia. Os nenos/as adoitaban xogar na ribeira, construian embarcacións e xoguetes para enredar na praia.

Fotografía cedida por José Mari Touriñán Currás, onde el mesmo aparece no centro.

Escola de Muxía a finais dos anos 50 ou principios dos 60.Fotografía cedida por Rolando Barrientos.

Fotografía de José Enrique Rivadulla Porta. Cedida pola familia Rivadulla Conde. Xente na ribeira.

Fotografía realizada por FotoGonzález de Ponte do Porto. Cedida por J.M.Touriñán Currás.

Fotografía cedida por J.M.Touriñán Currás

O TRABALLO
“(…) E síguense as horas unhas tras das outras,
mortales, eternas, sin parar o afán
destes loitadores de ferro, incansables,
que tras dos loureiros da vitorea van.
Hastra que nun tombo de furores cheo,
que contra da orela veu a reventar,
chegou a Valente lancha pescadora
e  poido na area por fin acougar.(…)”
Gonzalo López Abente

Fotografía cedida por Marlene Sar Barrientos

FOTOGRAFÍA DE J. E. RIVADULLA PORTA .Blandina e Hermogénea as criadas do cura Manuel Canosa, de Coucieiro. Cedida pola familia Rivadulla Conde

Mulleres de Muxía lavando as caixas do peixe. Fotografía de José Enrique Rivadulla Porta. Cedida pola familia.

fotografía cedida por José María Touriñán Currás

 

Fotografía cedida por Felipe Sar Marcote

Fotografía de José Enrique Rivadulla Porta, cedida pola familia

Fotografía de Ramón Caamaño, datada no 20.o8.1936. Cedida por José Maria Touriñán Currás

 

Fotografía cedida por Felipe Sar MarcoteFotografía cedida por Felipe Sar Marcote

A ROMARÍA

“Ramo de froles parece
Muxía a das altas penas
con tanta rosa espallada
naquela branca ribeira,

con tanto caraveliño
que relose antre as areas,
con tanta xente que corre,
que corre e se sarandea
ó son das gaitas que tocan
e das bombas que reventan,
uns que venden limoada,
outros augua que refresca,
aqueles dulce resolio
con rosquilliñas de almendra;(…)”

Rosalía de Castro

15 de setembro de 1969. Foto cedida por Xusto Benlloch Diz

Romaría da Barca. Anos 70. Foto cedida por Xusto Benlloch Diz

Fotografía de Rivadulla Porta

Cabezudos. Fotografía de Rivadulla Porta, cedida pola familia

Fotografía de Ramón Caamaño con data do 13.09.1965. Cedida por José María Touriñán Currás

Procesión da Barca. Fotografía de Ramón Caamaño con data do 15.09.1963.Cedida por J.M. Touriñán Currás

Fotografía de Ramón Caamaño, datada no 14.09.1969. Cedida por J. M. Touriñán Currás

Fotografía de Rivadulla Porta

Na Romaría da Barca, finais dos anos 60 ou principios dos 70. Fotografía de José E. Rivadulla Porta. Cedida pola familia.

Na Romaría da Barca, anos 60-70. Fotografía de J. E. Rivadulla Porta. Cedida pola familia

Procesión da Barca . Fotografía de Ramón Caamaño do 14.09.1970. Cedida por J.M. Touriñán Currás

Fotografía de Rivadulla Porta

Cabezudos. Fotografía de Rivadulla Porta

A Novena. Fotografía de Iago Toba Campaña

 

 MEMORIA E SOCIEDADE

“ (…)Se pensas en todos os sargos

que comemos xuntos,

na ausencia haberá unha mensaxe:

Os peixes compartidos

teceron unha vida

indestrutible”

  X. H. Rivadulla Corcón

Fotografía de Ramón Caamaño datada no 16.09.1957. Cedida por José Mari Touriñán Currás

En Casa Currás 31.05.1966. Fotografía de Ramón Caamaño, cedida por J. M. Touriñán Currás

Mulleres no forno.Fotografía de Caamaño , cedida pola familia Rivadulla Conde

O cine de Engracia , ou Cine Mugía ( diante os seus propietarios). A lembranza deste cine contén centos de historias dos muxiáns, é unha caixa máxica da memoria colectiva de Muxía. Desgraciadamente, hoxe xa non existe.Fotografía cedida pola familia Pérez Vila.

Homenaxe a Ramón Caamaño en agosto de 1986, organizado por uns mozos e mozas de Muxía. Viki Rivadulla fai entrega da placa conmemorativa a Caamaño. O xantar fíxose no Restaurente La Sirena. Fotografía cedida pola familia Rivadulla Porta

Homenaxe a Caamaño en agosto de 1986. Na foto o historiador Rivadulla Porta e a súa muller Flora Conde, promotores da homenaxe , xunto aos mozos e mozas organizadores e o , daquela alcalde, Barrientos Antelo, no Restaurante La Sirena. Fotografía cedida pola familia Rivadulla Conde

Muxía, 1943. Fotografía cedida por Francisco J. Lago Vilela

Manolo de Arajú, fotografía de Xerardo Haz Lema.

Foto González. 1964. Cedida por José Mari Touriñán Currás

Campo da Arliña, anos 20. Foto de Ramón Caamaño. Cedida por Xusto Benlloch Diz.

Liga da Costa. Ano 1966. Foto cedida por Xusto Benlloch Diz

Foto de Ramón Caamaño datada no 23.07.1953. Cedida por J. M. Touriñán Currás

Eduardo "o Rata" no seu bar, O Náutico, máis coñecido como " o bar do Rata". Un bar mítico en Muxía, hoxe xa desaparecido. Fotografía cedida pola súa filla Marlene Sar Barrientos

Restos da Capela da Encarnación , derrubada para construir nichos no cemiterio de Muxía. Fotografía de J. E. Rivadulla Porta

Antiga Casa Consistorial. Fotografía do arquivo municipal

Fotografía cedida pola familia Pérez Vila

Fotografía cedida por J.M.Touriñán Currás

Fotografía de Ramón Caamaño, datada en marzo de 1969. Cedida por J. M. Touriñán Currás

 

Fotografía de Caamaño. Cedida por Charo Ramón

Manolo de Arajú observando aos políticos. Fotografía de Gerardo Haz Lema

 

Foto Alonso, datada no 12.12.1959. Cedida por Charo Ramón

 

Regata de gamelas. Fotografía cedida por Felipe Sar Marcote

A PAISAXE

“Quero vivir con vosco, meus currunchos amados,

quero vivir con vosco e con vosco morrer;

quero que me quezades dos meus fríos pasados

e, na vosa compaña, quero amar e crecer.”

Gonzalo López Abente

Destruindo a Pedra dos Corvos para construir o Porto Deportivo. Fotografía de Iago Toba Campaña. A Pedra dos Corvos , chamada así porque nela apousaban os corvos mariños, era unha especie de totem dos muxiáns , todo un símbolo da cultura mariñeira da nosa vila. Esta pedra dou moito peixe , nela pescouse moito e era moi querida polos muxiáns , aos que curiosamente se lles ten posto o alcume de "corvos". O día que destruiron a pedra tódolos muxiáns sentiron algo arrabuñando no peito. A ruptura desta pedra foi unha traxedia para a Muxía mariñeira e un símbolo da destrucción da mesma.

A Pedra dos Corvos. Fotografía de Rivadulla Porta , cedida pola familia

foto cedida por J.M. Touriñán Currás

Santuario da Barca coas torres postas recentemente. Fotografía de Ramón Caamaño datada no 04.09.1959. Cedida por Touriñán Currás

Gamelas. Fotografía de J. E. Rivadulla Porta. Cedida pola familia.

O peirao de " Don Manolo". Fotografía Rivadulla Porta, cedida pola familia

Fotografía de J. E. Rivadulla Porta, cedida pola familia

Campo de Fútbol Beiramar. Fotografía de J. E. Rivadulla Porta, cedida pola familia.

A Camposa. Fotografía de Rivadulla Porta, cedida pola familia.

Praia do Capitán. Fotografía de Rivadulla Porta. Cedida pola familia

A vila de Muxía despois dunha vagha de mar. Antes de construir o dique novo, nos días de temporal o mar atravesaba a península onde se asenta a vila, inundando as rúas. López Abente fai alusión a esto no seu poema "O meu mar". fotografía do arquivo municipal

O Coído despois dunha vagha de mar. Fotografía do arquivo municipal

As antigas escolas da Camposa , despois dunha vagha de mar.06.02.1978. Fotografía González, do arquivo municipal

O cruceiro do Cabo da Grixa. Foto cedida por Charo Ramón

ROSTROS SALGADOS

“ A patria do mar

Son os vellos mariñeiros

Que converten o mar en algo  humano.

Sen eles o mar non sería

máis que auga

sen misterios, sen historias,sen paixóns..(…)”

     X. H.  Rivadulla Corcón

Fernando Carrera. Fotografía de Rivadulla Porta, cedida pola familia.

Eduardo, o Rata. Fotografía cedida por Marlene Sar Barrientos

Marcelino, o Pulga con Rivadulla Porta na Romaría da Barca. Cedida pola familia Rivadulla Conde

Juan de Fisterra. Fotografía de Xerardo Haz Lema.

Juan de Fisterra. Fotografía de Xerardo Haz Lema

"O Mosiño". Fotografía de Rivadulla Porta, cedida pola familia

" O Caseiro". Fotografía de Xerardo Haz Lema

"O Caseiro" Fotografía de Xerardo Haz Lema

Pedro "o Pesegho". Fotografía de Rivadulla Porta, cedida pola familia

RITOS E LENDAS

“ Pedra da Vela, Sala do Perello

Así chamada porque, en tempo antigo

Contan que un sastre vello,

Para coser, alí buscaba abrigo.”

Victorino Abente Lago

 

Sala do Perello. Fotografía de Viki Rivadulla

Fonte da Pel. Fotografía Rivadulla Porta, cedida pola familia.

A Sala do Perello, no Camiño da Pel. Foto de Rivadulla Porta, cedida pola familia

Romeiros pasando pola Pedra dos Cadris. Foto Rivadulla Porta, cedida pola familia

Romeiros na Pedra de Abalar. Fotografía de Iago Toba Campaña

A Furna da Buserana, dende o mar. Fotografía de Felipe Sar Marcote

Panos na Fonte das Verrugas, na Santiña de Trasufre. Fotografía de Iago Toba Campaña

FESTAS E CELEBRACIÓNS

 

“(…) ¡Con cánta melancolía

de entre as lembranzas me chegan

os ecos doces i amargos

de aqueles días de festa!(…)

(…) ¡Cómo me acordades sempre

doces festas derradeiras

pasadas no chan nativo

antes de voltar para América! (…)”

 Xervasio Paz Lestón

 

Antroido. Fotografía de Ramón Caamaño, cedida por J.M. Touriñán Currás

Antroido. Fotografía de Caamaño datada no 15.03.1936. Cedida por J.M.Touriñán Currás

Antroido. Fotografía de Caamaño datada no 1931. Cedida por J.M.Touriñán Currás

Coroación canónica da Virxe da Barca, o 15.08.1947. Foto Novoa. Cedida por J.M.Touriñán Currás

Coroación canónica da Virxe da Barca, o día 15.08.1947. Foto Novoa. Cedida por J. M. Touriñán Currás

Altares en Corpus. Fotografía de Iago Toba Campaña

Altares en Corpus. Fotografía de Iago Toba Campaña

Altares en Corpus. Foto de Iago Toba Campaña

Altares en Corpus. Fotografía de Iago Toba Campaña

Alfombra de espadanas, en Corpus. Fotografía de Iago Toba Campaña

Fotografía de Ramón Caamaño , datada no 17.06.1966. Cedida por J.M. Touriñán

Carme de Muxía, 1970. Fotografía cedida por Carmen Mouzo

 

 

9 reflexións sobre “

    • Grazas. Esperamos que coa colaboración de todos poidamos ir xuntando máis fotografías e outros materiais.

  1. Xente boa a de Muxía. Eu nacín nesa Muxía dos anos 70, sen luz, unha noite de vaga de mar e tormenta de in. Paco e Josefina Noia.

Os comentarios están pechados.