Galerías Fotográficas

Por estas cousas raras da tecnoloxía, meteronse uns duendes no meu ordenador e borraron as galerías fotográficas que tanto nos gustaban, pero xa estou colgando de novo as fotos , para que todos/as poidades gozar delas. Máis abaixo xa podedes ver algunhas.

Mentres podedes seguir enviando fotos a : proxectobuserana@gmail.com

 

*********************************************************************

As fotos que compoñen as nosas Galerías Fotográficas foron cedidas por veciños e veciñas de Muxía, polo que pedimos que non sexan utilizadas fóra do contexto para o que foron cedidas, xa que moitas son fotos familiares ou personais ( ou que solicitedes permiso e fagades constar logo a procedencia das imaxes). As Galerías estrutúranse en varios apartados que van encabezados por un anaco dun poema  de autores relacionados con Muxía.

A INFANCIA

Escola das Casas Novas,

homilde escola aldeana

de mesas d-enxebre pino

por cen tintas borranchadas,

donde, felices, pasaron

mil horas da miña infancia

sedenta de sabedencia,

con inquedades románticas…

   Xervasio Paz Lestón

 

Cedida por José Manuel Mouzo. Ano 1950

Fotografía de Gonzalez. Cedida por José Mº Touriñán Currás

O poeta X. H. Rivadulla Corcón, canda neno, co seu avó Manuel do Casino. Fotografía de J. E. Rivadulla Porta

Fotografía cedida por José Mª Touriñán. El é o neno do centro. Os outros dous: José Canosa e Tonecho de Rosa.

Xusto Benlloch e Pancho Grille cargando congro, 2 de xuño 1967. Cedida por Xusto Benlloch

xogando na ribeira. Foto de J. E. Rivadulla Porta

foto de J.E. Rivadulla Porta

Escola de Muxía. Cedida por Rolando Barrientos

Escola de Muxía. Cedida por Xusto Benlloch Diz

Cedida por Xusto Benlloch Diz

Ano 1966, comunión de José María Barrientos Rey. Fotografía cedida por el mesmo

 

 FESTAS E CELEBRACIÓNS

“(…) ¡Con cánta melancolía

de entre as lembranzas me chegan

os ecos doces i amargos

de aqueles días de festa!(…)

(…) ¡Cómo me acordades sempre

doces festas derradeiras

pasadas no chan nativo

antes de voltar para América! (…)

  Xervasio Paz Lestón

Foto Caamaño. Entroido , ano 1931. Cedida por José Mª Touriñáns Currás

Foto de Ramón Caamaño, do 15.03.1936. Cedida por José Mª Touriñán Currás

Fotografía de Ramón Caamaño. Entroido. Cedida por Losé Mª Touriñán Currás

 

Coroación canónica da Virxe da Barca.15.08.1947. Foto Novoa, cedida por José Mª Touriñán Currás

Coroación Canónica da Virxe da Barca. 15.08.1947. Foto Novoa, cedida por José Mª Touriñán Currás

Festa de Corpus. Altar do Cabo da Vila. Foto de Iago Toba Campaña

Festa de Corpus. Altar da Camposa. Foto de Iago Toba Campaña

Festa de Corpus. Altar da Casa Reitoral. Foto de Iago Toba Campaña

Festa de Corpus. Altar da Praza da Cosntitución. Foto de Iago Toba Campaña

Festa de Corpus. Alfombra de espadanas. Foto de Iago Toba Campaña

MEMORIA E SOCIEDADE

“ (…)Se pensas en todos os sargos

que comemos xuntos,

na ausencia haberá unha mensaxe:

 

Os peixes compartidos

teceron unha vida

indestrutible”

     X. H. Rivadulla Corcón

Foto Caamaño.16.09.1957. Cedida por José Mª Touriñán Currás

12.09.1965. Foto cedida por Rolando Barrientos

Agosto 1986. Homenaxe a Ramón Caamaño en Muxía, organizado por mozas e mozos da vila. Viki Rivadulla entregando a Caamaño a placa conmemorativa.Foto cedida por Viki Rivadulla

Foto cedida por Paco Lago

Foto de Ramón Caamaño, do 23.07.1953. Cedida por José Mª Touriñan Currás

Foto Caamaño, do 31.05.1966. Cedida por José Mª Touriñán

Foto Caamaño, do 31.05.1936. Cedida por José MªTouriñán

A Rambleta e , ao fondo, a flota de Muxía a finais dos 70 ou principios dos 80. Fotografía de Rivadulla Porta

A Rambleta e , ao fondo, a flota de Muxía a finais dos 70 ou principios dos 80. Fotografía de Rivadulla Porta

Foto Caamaño. Cedida por José Mª Touriñán Currás

Foto Caamaño, do 26.08.1967. Cedida por José Mª Touriñán

As mulleres no forno. Foto de Ramón Caamaño. Cedida por Viki Rivadulla

Foto Caamaño, de marzo de 1966. Cedida por José Mª Touriñán Currás.

Foto de Caamaño, de marzo de 1969. Cedida por José Mª Touriñán

Foto de Caamaño, do 12.08.1973. Cedida por Rolando Barrientos

Foto de Jesús Currás. Cedida por José Mª Touriñán Currás

Foto González, do 12.10.1965. Cedida por Rolando Barrientos

Foto González, do 14.09.1969. Cedida por José Mª Touriñán Currás

Foto González, de 1964. Cedida por José Mª Touriñán

Foto González , do 05.02.1967, cedida por Rolando Barrientos( Joseíto e Manolo de Elvira, ao fondo os fotogramas de "El último mohicano", no desaparecido cine de Engracia

Foto González, cedida por Rolando Barrientos

Fotografía cedida por José Mª Touriñán

Foto cedida por Teresa Barros

Restos da Capela da Encarnación, en Muxía. Foto de J. E. Rivadulla Porta

Cando se moviu a Pedra de Abalar. Foto cedida por Viki Rivadulla

Familia de Joaquin do Casino.

Fotografía cedida por Rolando Barrientos

O Bar Pedra d´abalar , nos anos 70-80. Foto de Rivadulla Porta

Foto cedida por Paco Lago

Foto cedida por Paco Lago

Foto cedida por Paco Lago na que aparece Ramón Caamaño

Foto cedida por Paco Lago

Cando se destruiu a lonxa vella. Foto de Iago Toba Campaña

Lonxa vella de Muxía. Foto de Iago Toba Campaña

Pancho Grille, un luns da Barca de 1980. Foto cedida por Viki Rivadulla

Conversa entre os párrocos de Frixe, Vilatose e Coucieiro, na casa deste último. Cedida por Viki Rivadulla

Partido Muxía- Os Muíños. Fotografía cedida por José María Barrientos Rey

O bar de Joaquín da Plaza e Pilar do Casino, situado na Calzada . Con eles as súas sobriñas Milagros e Florita. Colgado do teito o "petro más" , para cando marchaba a luz.Foto cedida pola familia Rivadulla Conde.

Coro de Muxía, nos anos 80. Foto de Rivadulla Porta

Banda de música de Muxía. Cedida por Viki Rivadulla

Familia Conde Martínez ( os do Casino) . Cedida por Viki Rivadulla

Na porta do antigo Concello. Foto de Rivadulla Porta

A PAISAXE NA MEMORIA

“Quero vivir con vosco, meus currunchos amados,

quero vivir con vosco e con vosco morrer;

quero que me quezades dos meus fríos pasados

e, na vosa compaña, quero amar e crecer.”

Gonzalo López Abente

Rompendo a Pedra dos Corvos. Fotografía de Iago Toba Campaña. Esta pedra era algo totemico para as xentes de Muxía. Non hai muxián que non sentira algo doendo no peito cando se rachou esta pedra para construir o Porto Deportivo.

O Santuario da Barca sen as torres. Foto cedida por José Mª Touriñán Currás

A Barca coas recén estreadas torres. Foto de Caamaño, do 04.09.1959. Cedida por José Mª Touriñán

Cabo Touriñán en fotografía de Felipe Sar Marcote

O Herboso. Fotografía de Felipe Sar Marcote

Antigas casas da Praza da Costitución. Foto cedida por José Mª Touriñán Currás

Gamelas de Muxía. Fotografía de José Enrique Rivadulla Porta

A Camposa. Foto de Rivadulla Porta

Antigo campo de fútbol de Muxía. Foto Rivadulla Porta

Foto Rivadulla Porta

Cartel á entrada de Muxía, que nos anos 60 daba a benvida promocionando o fin da ruta xacobea.Fotografía cedida por José María Barrientos Rey.

Muxía nos anos 70. Foto de Rivadulla Porta

O malecón , e peirao de Don Manolo ,co Corpiño ao fondo, anos 70. Foto de Rivadulla Porta

O muíño vello que estaba no malecón. ( Diante os irmáns Rivadulla Corcón e Viki Rivadulla)

Homes charlando no antigo peitoril. Foto de Rivadulla Porta

 RITOS E LENDAS

“ Pedra da Vela, Sala do Perello

Así chamada porque, en tempo antigo

Contan que un sastre vello,

Para coser, alí buscaba abrigo.”

   Victorino Abente Lago

Sala do Perello. Fotografía de Viki Rivadulla

Romeiros sobre a Pedra de Abalar. Foto de Iago Toba Campaña

A Furna da Buserana dende o mar. Fotografía de Felipe Sar Marcote

Pasando pola Pedra dos Cadrís. Fotografía de J. E. Rivadulla Porta

Fonte da Pel. Situada no antigo Camiño da Pel, por onde entraban os peregrinos cara a Barca . Neste lugar aseábanse . Fotografía de Rivadulla Porta

Ao fondo a Sala do Perello , entre as hortas do Corpiño. É un lugar de lendas, dise que aí vivía un xastre. Fotografía de Rivadulla Porta

Panos na Virxe do Espiño, en Trasufre. Lavarse coa auga da fonte e deixar o pano a secar, é un ritual que cura as verrugas. Foto de Xerardo Haz Lema

Na Virxe do Espiño, Trasufre. Foto de Xerardo Haz Lema

A ROMARÍA

“Ramo de froles parece
Muxía a das altas penas
con tanta rosa espallada
naquela branca ribeira,

con tanto caraveliño
que relose antre as areas,
con tanta xente que corre,
que corre e se sarandea
ó son das gaitas que tocan
e das bombas que reventan,
uns que venden limoada,
outros augua que refresca,
aqueles dulce resolio
con rosquilliñas de almendra;(…)”

 Rosalía de Castro

Baile no campo da Barca. Foto de J. E. Rivadulla Porta

Foto Caamaño, do 13.09.1965. Procesión da Barca. Cedida por José MªTouriñán

Roamaria da Barca. Foto Caamaño, do 15.09.1963. Cedida por José Mª Touriñán

Foto Caamaño, do 15.09.1969. Cedida por José Mª Touriñán Currás

Foto Caamaño, do 14.09.1970. Cedida por José Mª Touriñán

Foto Caamaño. Setembro, 1964. Cedida por José Mª Touriñán

Foto Caamaño, do 14.09.1969. Cedida por José Mª Touriñán

Fotografía de J.E.Rivadulla Porta. Cedida por Viki Rivadulla

Os cabezudos da Romaría da Barca, a finais dos anos 70, princios dos 80.Foto de Rivadulla Porta.

 

ROSTROS SALGADOS

“ A patria do mar

Son os vellos mariñeiros

Que converten o mar en algo  humano.

 

Sen eles o mar non sería

máis que auga

sen misterios, sen historias,sen paixóns..”

     X. H.  Rivadulla Corcón

Fernando Carrera nunha foto de J. E. Rivadulla Porta

"O mosiño", nunha foto de José Enrique Rivadulla Porta

Eduardo, O Rata. Foto cedida pola súa filla, Marlene Sar Barrientos

Eduardo, O Rata , nas pedras. Foto cedida por Marlene Sar Barrientos

O Caseiro. Foto de Xerardo Hal Lema ( Ucho)

Pedro, o Pexegho. Fotografía de José Enrique Rivadulla Porta

Manolo de Arajú. Foto de Xerardo Haz Lema ( Ucho)

Marcelino, O Pulga , con José Enrique Rivadulla Porta, nunha fotografía de Manolo Campos. Cedida pola familia Rivadulla Conde

Selvita ( Moraime). Foto de Xerardo Haz Lema ( Ucho)

Juan de Fisterra ( ou Juan do Volante). Foto de Xerardo Haz Lema ( Ucho)

José de Mariana e O Piloto, charlando na ribeira. Foto de Xerardo Haz Lema (Ucho)

O fotógrafo Ramón Caamaño. Foto de Rivadulla Porta

O fotógrafo Ramón Caamaño, vendendo as súas postais xunto ao Santuario da Barca.Foto de Rivadulla Porta.

 

 O TRABALLO

“(…) E síguense as horas unhas tras das outras,

mortales, eternas, sin parar o afán

destes loitadores de ferro, incansables,

que tras dos loureiros da vitorea van.

Hastra que nun tombo de furores cheo,

que contra da orela veu a reventar,

chegou a Valente lancha pescadora

e  poido na area por fin acougar.(…)”

Gonzalo López Abente

 

Cedida por Marlene Sar Barrientos

Gamela na rambleta. Foto cedida por José Mª Touriñán Currás

Fotografía cedida por Felipe Sar Marcote

Fotografía de José Enrique Rivadulla Porta

As mulleres de Muxía lavando as caixas do peixe.Fotografía de José Enrique Rivadulla Porta

Blandina e Hermogénea, que traballaban na casa do cura de Coucieiro, Manuel Canosa, nunha fotografía de José Enrique Rivadulla Porta

Fotografía de Ramón Caamaño, datada o 29.08.1936. Cedida por José Mª Toutiñán Currás

2 reflexións sobre “Galerías Fotográficas

  1. Fermoso tesouro cultural. Desde fóra (son de Malpica), neste Catálogo Fotográfico, bótase de menos algunha foto máis antiga de como eran as rúas, vivendas, casetas, cañeiras, xentes, roupas, diferentes artes e embarcacións de pesca, palilladas,… Se as hai, que algunha ten que haber, engrandecería cun valor etnográfico, histórico e antropolóxico, esta xa moi valiosa páxina..- Felicidades pola idea, e ánimo polo traballo que dá..- Moitas gracias..-

Os comentarios están pechados.