Língua

Fixemos unha recollida de palabras e expresións do vocabulario muxián para recuperar e salvagardar a nosa forma de falar.

A recollida fíxose pola rúa, en establecementos de hostelería onde se deixaron unhas follas para que a xente fora anotando as palabras e expresións que quixera, xunto coa súa definición. Tamén se fixo a recollida nos centros educativos municipais, aos que hai que agradecer a súa colaboración.

Se queredes colaborar enviando expresións, palabras, adiviñas, cantigas, refráns, ou calquera outra cousa relacionada coa nosa língua estaremos encantados de recibilo en : proxectobuserana@gmail.com.

Anímate a participar!

NOMES DE GAMELAS

A embarcación dun mariñeiro é unha parte máis da casa, ou da familia. Cando en Muxía aínda existían as casas típicas mariñeiras,- das que quedan moi escasas-  o mariñeiro pintaba as portas , as contras e as ventás da casa coa pintura que sobraba de pintar os barcos e gamelas.

Por eso as casas de Muxía tiñan esas cores tan vivas e bonitas nas súas portas e ventás : azul, vermello, verde… e as paredes eran brancas, de pedra caleada para protexer os muros das inclemencias do tempo. Adoitaban levar un zócalo pintado tamén en cor. As casas tiñan diante un patin.

A lancha típica de Muxía é a gamela .

Gamelas de Muxía. Fotografía de J. E. Rivadulla Porta

Aí vai unha lista de nomes de gamelas de Muxía que recolleron no Bar O Prestige, durante a campaña de recollida de vocabulario muxián que organizamos dende o Concello. Vaia o noso agradecemento para María, a propietaria do Bar O Prestige,  por esta recollida ( e a doutras moitas palabras que nos trouxo e que recolliu dos seus seareiros):

Nome da ghamela                                                   Propietario

Así es la vida Antón de Blanca
A ti que che importa José , O Carrasco
Soy Solo O Percha
Yo sigo Francisco, o Ghomato
A soberbia Eduardo, O Rata
Bajademar Santi de Ubalia
A Pechecha Francisco, O Pechecho
La Llenca Sergio
A Chicha Jesús , O Viudo
Que dirán de mi  
Ya verás  
Lucha Manolo Mío
Gransolera O Chiribí
Mónica José Manuel , da Barbeira
Sirena del Mar Leuterio
Adoración Cafachos
Catalina Ramón, o Coxo de Vitorino
Laura Yoni
Estás como nunca Juan da Boleca
Mediterraneo Antón do Cochino
Dolores Panchuco
Dulce Eduardo, O Ciclón
Gallina Blanca Polito
Crusita Machín
Francisca Ghaliñeiro
Dos soles Manolo- Santiago
Marina Camilo da Rapa
Alcatrás Tosileta
Ambuma Ghelito
Estás como nunca Antón de Blanca
Tiburón Ghelucho do Sapateiro
A Barca O home de ferro
Lola Lolo de Pixitas

RECOLLIDA DE PALABRAS E EXPRESIÓNS NA RÚA E NOS CENTROS EDUCATIVOS

A lista que mostramos a continuación son palabras e expresións que se recolleron entre a poboación e que , se ben a maioría non son palabras exclusivamente muxiás, si que a xente de Muxía as identifica como do seu falar propio. As palabras e as definicións están recollidas tal como as anotaron as persoas colaboradoras ( poñendo as letras gh, onde había j, por non existir esta letra no alfabeto galego)

PALABRA OU EXPRESIÓN SIGNIFICADO QUE APORTA QUEN A INSCRIBE
A FANECA ESTÁ NA CADEIRA Dise para fastidiar a outro que pescou menos ca ti
 A VER OH! Por favor!, ou espabila hom!
ADRAMÁN, CACHIMÁN Algo ou alguén extremadamente grande
AGHOSEO Peixe alongado
AH, RETRATO! Idiota, tonto
AI ,MIÑA VIRXIÑA DA BARCA! Exclamación típica muxiá
AÍ VEN O MAR! Expresión que indica que se aveciña algo gordo
AÍ VEN XAN POLA RÍA!  
AI, MI MÁ! / AI MI MADRIÑA! Expresión de asombro, sorpresa, etc…
ALMANAQUE Calendario
ALMANAQUE! Idiota, retrato, tonto!
ALTALAPLANA Volume moi alto, voz moi alta
ANADAR AVOIADO/OU ABOIADO Andar sen rumbo
ANGASO Balance brusco do barco
ANGAZO ( con seso) Mar de fondo no medio do mar
APOF! Expresión de sopresa
APRÉTANCHE AS ZOCAS (con seseo) Estás nun apuro
AQUELAR Facer calquera cousa
AQUELOUTRO/A Chamase así a calquera cousa que se queira nomear sen decir o seu nome. Esta palabra é un comodín para nomear ás cousas
ARRÍA A “ PESCADILLA”! Paga, solta os cartos
ARRÍA! Solta!
ARROÁZ! ( con seseo) Forma figurada de chamar á xente grosa
ARROCHAR Tirar
ARTESA Mesa de amasa-la broa
ATABÁN Membro sexual masculiño de grande tamaño
ATALINGAR Amarrar anzois no aparello
AUGA / AGHUA DE OURIZOS (con seseo) Dise de algo que non vale para nada
BARULLO A póla do piñeiro
BASEAR Perder color
BIZCOCHÓN ( con seseo) Biscoito grande e alto típico das festas muxiás
CABELLÓN Peixe tamén chamado rubio, alfóndega, berete, cavillón, escacho
CACHOPO Alga
CADEIRA Baleiro dunha gamela onde poñen o peixe
CADEIRA Silla de tres patas cun furado no medio
CADOLO Pé do millo cando está cortado
CADUIRA Tapón de gamela para baleirar a auga
CAGHASTALLO Desfeita
CALA A BOCA ENTRUIDO Díse a una persoa que non sabe o que fala
CALMA CHICHA Estar tranquilo o tempo e o mar
CAN Pedra que se utiliza para o palangre
CANEAR Pegar/ camiñar de forma inestable
CANGREXA Cangrexo ou nécora verde
CANTÁN Pedra grande
CANTO MÁIS BURRO, MÁIS PEIXE Canto máis intelixente máis se consegue
CARALLO DE REI Pepino de mar
CARGADA DE POPA Ter moito traseiro
CARGADA DE PROA Ter moito peito
CARLINGA Carrilana
CARNEIRO Nativo de Camariñas
CAROCHO Anaco de pan
CARREIXO Rúa moi estreitiña
CHAMAR Tirar, palmear una corda ou palangre
CHAMBÓN Que fai os traballos ao bruto,sen xeito
CHE Interxección habitual no cabo das frases
CHEIRA QUE ARRECENDE ( con seseo) Ule ben
CHEIRAR A RUDA Oler mal
CHEIRAS QUE ARRECENDES ( con seseo) Ules moi ben ( ou tes nova colonia)
CHEO DE MOSCAS Insulto, apelativo desprezativo( noxento)
CHICAR O MAR CON UN TOLETE Non dar feito
COMA PUÑOS Úsase para dicir que algo é moi grande
COMAREA Emprégase como sinónimo de moito, algo en grande cantidade.Por exemplo: Había comarea de xente/ quéroche comarea/ matou peixe comarea
CONACHADA Tontería
CONACHAZO (con seseo) Golpe na cabeza, preferentemente na frente
CORVO Nativo de Muxía
COTELADA Golpe nas dedas
CUBETA Chicador de madeira para a auga da gamela
CUBICHETE Lacena que hai na proa da gamela para gardar cousas
CURAR O “CONGRIO” Proceso artesanal de secado ao aire do congro
CURRICÁN Arte de pesca para xarretas, xardas e outros
DÁLLE NA “FRENTE” PARA QUE NON COTE —-
DAR PUNTO Coller os rapaces as vacacións da escola
DAR UN REMAZO ( con seseo) Dar un golpe, en termo mariñeiro
DARSE AO CHEIRO Darse moita importancia, querer aparentar máis do que un é
DE PROA/ DE POPA Por diante/ por atrás. Ir cara adiante/ ir cara atrás. Aplícase a tódalas cousas e persoas ainda que sexa un termo mariñeiro referido ao barco.
DE PUNTA A CHICOTE Dun lado a outro, dunha punta a outra , por toda a extensión dun lugar ou corpo-
DONATO Palabra cariñosa entre amigos
É UNHA ROXA! É una muller vella, de corpo moi delgado e seco
ÉCHE ASÍ Tes razón ou as cousas son así. Tamén expresión de resignación ante algo.
ECHE O QUE HAI  Hai que conformarse, ou confórmate que non vai ser doutra maneira
EEE QUE? EEE…. Saúdo típicamente muxiá, é como dicir“ola que tal?”Resposta ao saúdo anterior
EMPEZO ANTES DE QUE CANTE UN GHALO ( con seseo) O máis rápido posible
ENGUERELLA Apeiro de labranza para sacar o esterco
ES COMA UN TOXO Es desagradable, arisco
ES MÁIS BURRO QUE TRES PESCOS Ser moi parvo
ESCABEZAR (con seseo) Romper o aparello no mar
ESFURRICADO Cagado, de sicha
ESGHUNISAR Mazar, abaticar
ESMOLICAR Esmagar o peixe
ESMONIFAR Abrir á metade a cabeza do congro para facerlle un oco e colgalo no banco
ESPARAR Armar o aparello do palangre
ESPERRECHARSE Abrirse de pernas, estricarse. Rirse moito
ESPURRIFADA Parte rompente dun tombo de mar
ESTAR AQUELOUTRANDO Estar facendo algo
ESTAR CHOCANDO Dise cando una persoa vai caer enferma
ESTAR COMA UN ALGHASO Estar mareado
ESTAR COMA UN CONGRO Estar bébedo
ESTAR COMA UN CORAL Estar moi limpo
ESTAR COMA UN POTE Dise de algo que está moi escuro. Do tempo que está pechado de néboa. Referido a una persoa é estar moi moreno
ESTAR COMA UN ROBALO Estar borracho
ESTAR COMA UN TRINQUETE Ser moi bo mozo ou boa moza. Ser moi guapo
ESTAR COMA UNHA PATENA Estar moi limpo
ESTAR COMA UNHA TREPIA Estar tolo
ESTAR DE SICHA Estar de cagarría
ESTAR EMPITADO Estar moi mollado
ESTAR NAS BATUECAS Pensar en algo e non prestar atención
ESTAR SEN CHICA Non ter nada de cartos
ESTÁS AFUMADO! Estás medio borracho
ESTORNELA Billarda
ESTRICADO Estirado de brazos e pernas,  deitado deste xeito
ESTROBO Corda que une o remo á gamela. Aplicado a una persoa é alguén apoucado no traballo. Bulto, inútil
ESTRUCHÓN Apretón/ tamén dor intensa no lombo o una barriga
FACER A LOUZA ( seseo) Fregar os pratos
FACHO CERRADO, VENDAVAL Ó RABO ( seseo) Refrán que predí mal tempo, cando se cubre o Facho ( monte muxián) hai vendaval
FAIME UNHA AFOTO Faime una foto
FATÍA Lombo do peixe
FEO COMA UN CROIO Moi feo
FIEBRE Escarapote
FOCHANGO Cova
FORON OS BIRELES Ó FONDO Farras e borracheras
FUMO Fume
FURNA Grutas na costa, nas rochas
GHABIETE Tipo de roldana
GHABLETE Tipo de roldana
GHALDROMEIRO Persoa que lle gusta andar co limo, persoa porca
GHALDROMO Limo, limoallo do peixe. Porquería, cousa que non vale
GHALICOSO/A Alguén moi esmirriado. Tamén alguén orgulloso
GHALORCHO Zapato vello, o que polo tanto lle tes moito cariño pois dáseche moi ben
GHAMELA Chalana típica de Muxía coa popa chata e fondo plano
GHARULA O que queda de escoller o percebe, ou percebe pequeno
GHASTO Follas dos piñeiros
GHORGHOSO Colo da botella
GHOSEFELLO Peixe raro. Persoa fea
GHUATACA Idiota, cantamañanas, pelotilleiro
GHUNISO Pequeño, cativo, esmirriado
HAI ESCA! Dise cando alguén está medio borracho
HAI XURELOS NA RÍA! Dise cando alguén arraña o cú
IR A TODA EN BANDA Andar moi rápido
IR Ó SENTINOLO Ir subido nos ombros de alguén
IR VESTIDO DE GARDA Ir moi elegante
ISCAR Poñer a carnada (en Muxía “ encarnada”)
LAGHAÑOSO Tacaño
LAMPRO Lámparo, lapa
LAÑAR Abrir o lombo do peixe ao longo
LARGHAR O PALANGRE Largar este aparello, pero úsase tamén para decir que se vai ligar con alguén
LIAR O PALANGRE Andar enredando as cousas
LUMARADA Cacharela de San Xoán
MAL PEIXE NON SE PESCA Todo o que se colle é bo ( consolación)
MALO COMA A FAME Algo moi malo
MARMELO Persoa que non se expresa conclaridade
MARRALLA Cordel
MARROA Muller que non pode ter fillos
MATAR Pescar
MATAR O PORCO Facer una aventura
MATASTES ALGHO? Pregunta se pescou algo
MATRERO Mentireiro, tramposo
MEU PRIMO Apelativo de confianza con xente que non é necesariamente da familia
MIMÁ! Miña nai! Expresión de sorpresa, alegría ,enfado
MIÑA GHALANA/ MEU GHALANO Miña rapaza/ meu pobre
MOLLAR O “ANZUELO” Non pescar nada
MORNASEIRA Tempo nuboso e inestable, pero con calor
MORRIÑENTO Porco, porcallán
NA PROA/ NA POPA Aplícase a calquera cousa para indicar a parte de diante e a de atrás
NACRA Nécora
NIFROSO Coma Lucas, Fernando, Pepe, Lolo, Xan,etc..vamos, homes en xeral
NON ESTAMOS RICOS As cousas non van ben/ non hai sentido
NON HAI RABO DE PEIXE! Non hai nada, non hai peixe.
NON O CAGHA UN CORVO Que é difícil de gañar, difícil de conseguir
NON PESCA POR MALLA Non fai falla que vaia perfecto
NON SEN Non sei
Ó MOMO Ó MOMO Como quen non quere a cousa
PAMBOLAS Persoa apampada
PAMPALAMPÁN Apampado, abobado
PAN DE “GHUEVO” Trenza de pan de ovo. Doce típico muxián
PANDULLAZO Pedrada grande
PANDULLO Pedra
PARAPETO Marisco coñecido como santiaguiño
PARRALLADA Horterada
PARRALLO Persoa esaxerada, algo mentireira ou que todo o sabe.
PASTELÓN Doce típico das festas muxiás, de mil follas, merengue e crema
PERFIA Bandexa, fonte para servir comida. Recipiente para coller auga
PIOLLO VERDE Nativo de Fisterra
PLANCHADO Que é adecuado, perfecto
PLEPA Lingua viperina
PREA Animal morto. Persoa porca, porcallán ou porcallana
PRENDER Enganchar algo/ acender
PUFENTA/O Persoa que non paga as súas débedas
QUE NIN DIOS/ QUE NIN DIOLA Adxectivos para dicir de algo que é moi bo
RIZÓN ( con seseo) Angla que se usa no palangre
ROMPE A GHIEIRA O mar rompe nunha zona preto de Merexo, cando é así quere dicir que o mar está bravo
ROMPER AS FONTES Treboada
RUCHAR O FUCIÑO ( con seseo) Desconfiar, dubidar , non estar conforme
SALSEIRO Salpicadura dun golpe de mar
SARRETO/XARRETA Badexo pequeno
SE CHE DOE A CABEZA , DÁLLE CONTRA A ARTESA ( seseo)
SENDIA Sella
SER MÁIS CAN CÓ CAN Ser moi vago
SICHA Congro pequeno
SICHA Cagarría
SISCO Basura
SISMÓN Gruñón, protestón
SUDAR A PICHE Suar moito
TAL PARA CUAL, MARAGHOTA E MEDIA Dice de dúas persoas que son do mesmo xeito
TARABELO Instrumento de madeira para encarnar as nasas
TEMPO GHALGHEIRO Usase para definir o tempo atmosférico, que dentro do malo está bo.
TENSA Cando un aparello está preso no fondo
TER UN BARCO GHRANDE Ter una muller grande
TEREIXOLA/ TAREIXOLA Orella de mar
TIRARSE DE BUSIOS Tirarse ao mar de cabeza
TOMAR UN APARATO Tomar una copa
TORNAR Apartar/aguantar
TRABALLAR A PESCA Estar bébedo, mareado
TRENLA Cordas das casas de labranza
TRINCATANZAS ( con seseo) Persoa aparbada
TUMBALAGHATO Andar
TURRAR Tirar ou empuxar
UN MOZO/A COMA UN TRINQUETE ( con seseo) Mozo/a moi guapo/a
VAGHA DE MAR CAMPAL! Mar moi revolto, mal moi encrespada
VAI MIRAR Á PORTA DE CURRÁS A VER SI CHOVE Expresión que se lle di a alguén que está molestando
VAI PARDA A cousa vai mal
VAI XOUBA! Vai ser boa!
VÁISECHE A CACHOLA Estar tolo de todo
VALDREU Desaliñado
VALUME Mestura de toxos e palla que se pon na corte dos animais
VIRGHERÍA Algo fantástico, marabilloso
VOIAR Voar
VOLTA Á BOLA QUE É DE CEBOLA! ( con seseo) Dise a alguén que é pesado , que anda sempre co mesmo conto
VOU BOTAR UN FOGHETE Facer sexo esporádico ou fornicar despois de moito tempo, e ver luces.
VOUCHE MAZAR COMA UN PULPO! ( con seseo) Vouche dar, vouche pegar
XA FIXO FIRME Picou o peixe
XARAMIÑO Irisación sobre o mar , ou os tombos do mar, que fan os remuiños de vento de forma esporádica
XASPE Palangre moi claro
XA-XA Xurelo “francés”
XERGHÓN Mariñeiro cativo
XIBA Cefalópodo cunha cuncha calcaría no interior. Chopo
XIBALLADA Peixe pequeño que viña no boliche e que non valía. Machacábase para engado
XÍLGHARO Persoa moi delgada
 vou para o mar pero moita LESTE hai .                  .
 hai moito vento/hai moita fame
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   

4 reflexións sobre “Língua

  1. Esta moi ben,gustariame aportar una palabra que decia me bisabuelo Severo,que e a siguiente :vou para o mar pero moita LESTE hay.Que ten dos significados,por un parte que hay moito vento,e por outra que hay mota fame.
    Un saludo para todos los muxians de un que naceo en Muxia crios-se en Fisterra,casosuse en Corcubión e vive en Palamós(Costa Brava).

    • Moitas grazas. Tomamos notas da túa aportación. Unha aperta a Fisterra, Corcubión e Palamós.

  2. Non sei se é do voso interese mais en Marín meu pai, mariñeiro vello tamén se refire a pasar fame coa expresión que di Joaquín pasar unha Leste!

Os comentarios están pechados.