Música

Banda de música de Muxía. Principios do século XX.  Comezando pola nosa esquerda os homes da foto son, na fila de atrás , de pé: Manolo do Faro, Lino , José Ros, Antonio de Cristino, Cristino  pai e Manolo de Cristino. Na fila do medio, sentados no banco, comezando pola nosa esquerda: Manolo de Diz, Juan Santos, Pepe do Faro, Jesús de Frutoso, e Manuel María. Na fila de diante, no chan, comezando pola nosa esquerda: Manuel do Casino, Lino de Flora, o Boleiro vello e Manolo de Diz (fillo).

Neste apartado achegaremos músicas e músicos que enriquecen o  noso patrimonio cultural: o sr. Pazos de Merexo, o Alalá de Muxía na voz de Uxía Senlle e na de Xabier Díaz, a muxiá Eva Castiñeira, Chete Pose cantando a López Abente, etc…

PAZOS DE MEREXO:

Pazos de Merexo con Xurxo Souto na presentación da desaparecida Asociación Pedra dos Corvos, no ano 2006. Fotografía de Viki Rivadulla

Se queredes coñecer ben a este insigne muxián nada mellor que ler a semblanza que fai del o escritor e músico Xurxo Souto, no seu blog:

Pazos de Merexo. O mestre do acordeón diatónico da Costa da Morte. ( pincha no título para ir ao blog de Xurxo Souto)

Tamén este artigo de Viki Rivadulla en Que pasa na Costa con motivo do duelo de acordeonistas no Rincón da Baiuca, o 16 de agosto de 2013. Pazos de Merexo. -pincha no nome para ler o artigo-

Pazos de Merexo en Alalá, da TVG:

O señor Pazos de Merexo con Kepa Junquera, no Couto:

Kepa Junquera e Pazos de Merexo no Couto from quepasanacosta on Vimeo.

EVA CASTIÑEIRA

Fotografía de Eva Castiñeira na contraportada do disco “Recolleita”

Eva Castiñeira naciu no lugar de Agranzón, en Muxía. E emigrou ao barrio coruñés de San Pedro de Visma para traballar como asistente doméstica.

Aos oito anos xa cantaba con outras dúas pandereteiras veciñas da bisbarra, actuando en bailes e romarías da zona.

Aprendeu a tocar a pandeireta e ás veces tocaba coa súa irmá Engracia. Hai quen dí que se fixo coñecida tocando co cego Florencio, cecáis o último cego cantor co que facía parella artística. El tocaba o violín. ( Ainda que outra información que nos chega dí que nunca tocaron xuntos e que se asocian os nomes polo disco que se publicou e levaba unha parte de música de Florencio e outra parte de Eva)

Seguramente a nena Eva Castiñeira alegrou moitas festas coa súa música e xa adulta convertiuse nun tesouro vivo da música tradicional.

As pezas de Eva son todas herdadas da tradición popular oral, ainda que ela adaptaba as letras. Moitas pezas chegan ata nós grazas ao traballo de Eva.

Na actualidade o grupo Leilía dedícalle o seu disco ConSentimento  e mesmo preocupáronse de facer chegar ao Concello de Muxía información sobre ela.. Pinchando na seguinte ligazón podedes ler o que Leilía escribe sobre Eva:

http://leilia.net/wp-content/uploads/2011/04/consentimento-Leil%C3%ADa.pdf

Eva Castiñeira ( que era de Agransón- Muxía) e Florencio ( o cego dos Vilares):

Unha fermosisíma versión do Alalá de Muxía, por Uxía Senlle:

Chete Pose canta o poema Muxía, de Gonzalo López Abente:

Chete cántalle á Nosa Señora da Barca from quepasanacosta on Vimeo.

Chete Pose canta o poema No monte Corpiño, de Gonzalo López Abente:

Chete cántalle aos Penedos from quepasanacosta on Vimeo.

Xabier Díaz canta o Alalá de Muxía noutra versión tamén ben fermosa:

Alalá de Muxía, por Paulino Pereiro

Pasodoble de Pazos de Merexo:

A Romaxe da nosa señora da Barca, de Lorca, na voz de Ugía Pedreira

Outra versión da Romaxe da Nosa señora da Barca, de García Lorca, na voz de Amancio Prada: